A continuación explicaranse os pasos necesarios para a [[#Creación dunha conta|creación]] e maila [[#Eliminación dunha conta|eliminación]] dunha conta en Facebook.

Non se explican porén os pasos para a súa ''desactivación''<!-- Como demo pode o VOLGa non tragar “desactivación” e si «reactivación»?! --> e posterior reactivación, pois considéranse estes parte do uso da conta, dado que os datos do usuario permanecen nos servidores de Facebook.

==Creación dunha conta==
Para crear unha conta en Facebook, o primeiro é dirixirse ao seu sitio ''web''. Este conta cun portal en galego ao que se pode acceder dende o URL [http://gl-es.facebook.com/ gl-es.facebook.com]. O seu aspecto é o seguinte:

[[Imagen:1 ─ Portada en galego do sitio web.png|center|480px]]


Para crear unha conta abonda con encher os campos que se amosan baixo o título «Rexistrarse», e a continuación premer abaixo no botón verde que reza de novo «Rexistrarse».

O formulario non é difícil de cubrir. É necesario introducir un nome, uns apelidos, un correo electrónico, un contrasinal, o sexo da persoa e mailo seu ano de nacemento.

O correo electrónico debe escribirse dúas veces no formulario, e debe existir previamente. Se ten algunha conta de correo electrónico, asegúrese de que ten acceso a ela. Se non a ten, créea<sup>[[#Notas|1]]</sup>. En calquera caso, cómpre ter aberta a caixa de entrada do correo electrónico, pois recibirase un correo de Facebook en canto se prema o botón de «Rexistrarse».

Por suposto, o contrasinal debería ser seguro<sup>[[#Notas|2]]</sup>.

O “normal” sería crear unha conta cos nosos datos reais, se ben as imaxes que acompañan esta documentación demostran o fácil que é suplantar unha identidade ou crear unha da nada nesta (ou en calquera outra) rede social.

[[Imagen:2 ─ Portada en galego do sitio web cuberta con datos.png|center|480px]]

A continuación presentarásenos unha imaxe con dúas palabras (en inglés ou ficticias) que deberán escribirse a continuación da imaxe. O obxectivo disto é demostrarlle a Facebook que o rexistro o está a efectuar unha persoa real, pois en teoría un robot informático non debería ser capaz de pasar a proba.

Non se preocupar se non se ve claro o texto da imaxe. En caso de equivocarse ao escribir as palabras, simplemente amosarase outra imaxe. En caso de que a imaxe non se vea correctamente, pode premerse sobre a ligazón «Proba con outras palabras». E para as persoas cegas, existe tamén unha comprobación de seguranza sonora, tal e como se indica antes da imaxe de comprobación.

[[Imagen:3 ─ Comprobación de seguridade durante o rexistro dunha conta.png|center|480px]]

Unha vez se escriban as palabras, debe premerse o botón de «Rexistrarse» unha última vez.

A continuación darásenos a oportunidade de darlle a Facebook acceso á nosa conta de correo electrónico para buscar os correos electrónicos de xente de Facebook e utilizar ditos enderezos de correo electrónico para suxerirnos “amigos”.

[[Imagen:4 ─ Buscar contactos do correo electrónico.png|center|480px]]

Unha vez obtida a información sobre os contactos que se posúen na conta de correo electrónico, Facebook non garda o noso contrasinal. Porén, a información dos contactos almacénaa a fin de suxerirlle amigos a vostede, así como aos seus contactos. Queda a escolla do usuario se permitirlle ou non a Facebook acceder a dita información.

En caso de permitirlle a Facebook acceder a dita información, sempre pode eliminar dita información da base de datos de Facebook. As instrucións atópanse na seguinte ligazón: [http://www.facebook.com/contact_importer/remove_uploads.php www.facebook.com/contact_importer/remove_uploads.php]<sup>[[#Notas|3]]</sup>.

Porén, sempre pode «Saltar este paso».

A continuación solicitaráselle outra información persoal que axude a atopar xente en Facebook que vostede podería coñecer. Concretamente, poderá introducir o seu instituto, a súa universidade e a súa empresa. Os tres campos son por suposto opcionais, e pode «Saltar» este paso.

Se lle gustaría atopar en Facebook compañeiros (actuais e antigos) dalgún deses lugares, introduza o nome do lugar. En caso contrario, deixe en branco os campos que non lle interese encher. Unha vez enchidos os campos que queira, prema en «Gardar e continuar».

[[Imagen:5 ─ Encher a información inicial do perfil.png|center|480px]]

No terceiro paso suxerirásenos engadir unha foto ao noso perfil. Esta será a foto que nos identifique na rede social ─como pode ser a do DNI, pero sen restricións─. Pódese «Saltar» este paso e deixar o perfil sen foto ─pódese cargar unha posteriormente─, ou engadir unha foto, ben unha presente no computador dende o que se está accedendo a Facebook, ou ben tomando unha directamente coa cámara web, en caso de dispor dunha.

Se ben a práctica habitual en Facebook consiste en que a foto do perfil sexa unha foto da persoa que  posúe a conta, ou polo menos que dita persoa apareza na foto, non hai obstáculos á hora de elixir unha foto, e pódese cargar unha foto da nosa mascota, dun peluche, ou mesmo dunha paisaxe. A decisión dependerá completamente do usuario.

[[Imagen:6 ─ Engadir unha foto ao perfil.png|center|480px]]

En caso de escoller unha foto, unha vez cargada en Facebook prema o botón azul da parte inferior para «Gardar e continuar».
 
A continuación debería aparecer unha páxina similar á seguinte:


[[Imagen:7 ─ Pantalla de benvida.png|center|480px]]

Nestes momentos hai dúas cousas que facer antes de empezar a facer uso “real” de Facebook: completar o proceso de rexistro da conta en Facebook e configurar as opcións de intimidade da mesma.

Para completar o proceso de rexistro da conta de Facebook haberá que acceder á caixa de entrada do correo electrónico co que nos rexistramos en Facebook. Nel deberiamos ter un correo novo de Facebook como o seguinte:

[[Imagen:8 ─ Correo de confirmación.png|center|480px]]

Para confirmar que a conta de correo fornecida a Facebook nos pertence, abondará con premer no botón verde que di «Rexistro finalizado», ou seguir a ligazón azul que aparece á esquerda do botón, despois do texto en letra grosa.
Ao seguir a ligazón, volveremos á páxina na que estabamos, só que esta vez desaparecerá a mensaxe do cadro amarelo que nos pedía que confirmásemos a conta de correo electrónico.

A partires deste momento podemos dar a conta por creada.

==Eliminación dunha conta==
Para borrar unha conta de Facebook, con todos os datos que esta orixinou, hai que acceder ao seguinte URL e seguir as instrucións indicadas: [https://ssl.facebook.com/help/contact.php?show_form=delete_account https://ssl.facebook.com/help/contact.php?show_form=delete_account].

Cómpre aínda así ter en conta a [[política de protección da intimidade de Facebook]], na que se menciona que Facebook poderá manter os datos dunha conta tras a súa eliminación durante 90 días, ou que os contidos compartidos con outros usuarios poderían non borrarse.

==Notas==
#A creación dunha conta de correo electrónico escapa aos obxectivos desta documentación.
#A creación dun contrasinal seguro explícase nos [[As redes sociais e a seguranza persoal#Os contrasinais|artigos ao respecto]].
#Para poder visualizar dita páxina é necesario acceder previamente á conta de Facebook dende o mesmo ''navegador web'' dende o que se accede á páxina.

----
Autor: [[Usuario:Gallaecio|Gallaecio]] 21:00 26 ago 2010 (UTC)

<!-- Categoría: -->
[[Categoría:As redes sociais e a seguranza persoal ─ Facebook]]

